Suciedade nas rúas de Leiro
O grupo municipal do BNG no concello de Leiro, quere manifestar o seu malestar polo estado deprorábel na que se atopan tódalas rúas. O seu estado é moi lamentábel, pois mesmo palabras dos veciños e veciñas e tamén dos/as turistas que visitan o noso concello, mesmo dín que, e moi fermoso, pero que, está moi, moi sucio.
Eu este tema xa o veño manifestando dende hai anos en varias ocasións nas distintas sesións plenarias, pero a día de hoxe, seguimos na mesma situación, "lixo e excrementos por tódolos recunchos do pobo"
Vasta con darse unha pequena volta por calquera rúa de Leiro e atoparse con centos de bolsas de plástico, excrementos de cans, papeis, etc..
O noso grupo, pide con urxencia que, o sr. Alcalde e grupo de goberno envíe persoal das brigadas a facer unha limpeza integral de ditas rúas tanto no casco urbán como nas distintas parroquias do noso concello.
Leiro, 24 de xullo de 2017
Asinado: Luís Pérez Estévez "Ficol"
Concelleiro e portavoz do BNG en Leiro