Xosé Manuel Budiño+Mercedes Peón e "La Unión", concertos estelares na Semana Grande da Festa do Pulpo
O gaiteiro Xosé Manuel Budiño acompañado da tamén gaiteira e cantante galega Mercedes Peón ofrecerá un concerto no carballiño o mércores dia 9 de Agosto.
Dous dias despóis, o venres dia 11 de Agosto actuará o mítico grupo "La Uníon", un dos grupos máis recoñecidos da historia do pop español dos últimos 30 anos.
Ademáis, e dentro da mesma programación musical da Festa do Pulpo, terémos unha nova edición do "Ciclo de Músicas de Sofá", que os dias 4 e 5 de agosto ofrecerá cinco concertos de estilos tan variados como jazz ou reggae, unha actividade promovida pola Asociación Cultural "Os Serandeiros"
Tamén destacan na programación musical da Festa do Pulpo o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón, celebraráse o sábado dia 5 de Agosto ás 20:30 horas no auditorio municipal, asi como as Xornadas de Folclóre que trae cada ano a O Carballiño a Deputación de Ourense.