Músicas de Sofá e Festival de Habaneras para esta fin de semana carballiñesa
Arranca a terceira edición das “ Músicas de Sofá” que terá lugar os días 4 e 5 de agosto en distintas rúas e przas do Carballiño.
O ciclo, organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros, é un festival urbano onde os grupos actúan en distintos “salóns” ubicados no centro da vila.
O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 500.000 visitantes que se esperan neste 2017 durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.
Tras o éxito das pasadas edicións, este ano o 3º Ciclo de Músicas de Sofá pretende consolidarse como un dos festivais de referencia do país. Para iso a organización contará con grupos musicais de primeiro nivel, as actuacións serán consecutivas e non simultáneas, para poder desfrutalas na súa totalidade, e a estética “vintage” fará dos concertos algo único.
Nesta edición, o festival conta cun total de cinco grupos, referentes nos seus estilos dentro do panorama musical galego. Trátanse de Oîma, trío compostelá que nos achegará sons galegos e dos resto do mundo; Najla Shami, vocalista e compositora galega-palestina de ampla traxectoria nacional e internacional;, Iago Fernandez quartet, cuarteto liderado polo baterista Iago Fernández,recoñecido a nivel europeo, ou Andoa, grupo folk cunha ampla traxectoria a nivel individual.
Pechará o ciclo High Paw&Elephants Yard, vocalista e compositora que ven de actuar nos mellores escenarios reggae da Península. Ademais, durante os dous días haberá tamén un sofá destinado ao dj Chico Tralla, que fará unha selección da mellor música negra en vinilo.
Festival de Habaneras
Doutra parte, o sábado dia 5 de Agosto ás 20:30 horas celebraráse no auditorio municipal do Carballiño outra das convocatorias musicais clásicas do verán carballiñés, o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón do Carballiño, rondallas e coros ofrecerán un repertorio a rítmo de habaneras.