O Rápido de Bouzas adxudícase o trofeo Festa do Pulpo tras empatar co Arenteiro e gañar ao Ribeiro
Os protagonistas do triple ascenso do fútbol galego deste pasado mes de xuño confraternizaron no torneo da Festa do Pulpo carballiñesa desputado no campo da Uceira na modalidade de 3X1.
O trofeo levouno o equipo vigués tras empatar a un gol co Arenteiro e vencer ao Ribeiro por 1-0.
No partido entre o equipo de segunda B e o Arenteiro, os verdes mereceron máis que o empate, xa que deles foron as mellores oportunidades de gol ante a portería viguesa.Os goles de ambos equipos foron dende o punto de penalti.
Antes, o equipo rapidista derrotara ao Ribeiro por un solitario gol, mentres que no último partido da tarde Arenteiro e ribeiráns empataron a un gol, polo que os vigueses se levaron o trofeo, que recibiron da man do concelleiro de deportes e turismo do concello carballiñés Manolo Dacal