Amigos da Terra de Montes celebra a súa xuntanza anual e condecora á Banda de Gaitas de Beariz
A asociación "Amigos da Terra de Montes" que agrupa a persoas dos concellos de Cerdedo, Forcarei e Beariz, celebrou este sábado a súa 35 xuntanza anual, que desta vez tivo lugar na vila de Beariz.
No transcurso da xornada levaronse a cabo varias actividades, pola maña numeroso público acudiu ás conferencias que impartiron José Lamas Bértolo sobre "O camiño de Santiago pola Terra de Montes", e Jesús Gulías Lamas na que falou do "Verbo dos Canteiros".
O comedor do Colexio de Beariz acolleu o xantar de confraternización da Terra de Montes.
En cada edición desta xuntanza, a asociación promotora recoñece a traxectoria de persoas ou entidades relacionadas coa Terra de Montes, nesta ocasión a condecoración foi para a Banda de Gaitas do concello de Beariz.