A Festa do Pulpo de 2018 estará dedicada ao Centro do Carballiño en Buenos Aires, coincidindo co seu centenario
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, anunciou que a Festa do Pulpo de 2017, que fará a edición número 56, se dedicará ao Centro Partido do Carballiño en Bos Aires pola súa celebración do centenario. Así o dixo durante un acto de homenaxe a este centro, que contou coa asistencia do seu presidente, Emilio Nogueira, e a súa secretaria, Mª Silvana; os portavoces e concelleiros dos grupos municipais, o exalcalde e directivo de honra do centro, Argimiro Marnotes, e o tamén directivo de honra, Camilo “Copetín”.
Francisco Fumega dixo que era un día moi especial porque o Centro do Carballiño en Bos Aires ía cumprir cen anos dende a súa creación, e agradeceu o traballo desenvolvido neste tempo por moitas xeracións de carballiñeses residentes en Bos Aires a prol de manter o compromiso coa terra. Asemade, confirmou que a corporación estudiará a organización dunha viaxe para festexar este efeméride conxuntamente cos carballiñeses residentes na capital arxentina.
A secretaria da entidade referiuse tamén a unha dobre celebración, como era o 60 aniversario da integración de CEA no Centro do Partido do Carballiño, polo que esta se engadiría á do centenario.
Emilio Nogueira amosou o seu orgullo pola recepción do concello e convidou a todos os carballiñeses que poidan viaxar para festexar o centenario na sede do Centro da capital bonaerense, situada nunha zona residencial á beira do río da Prata. Dixo que tamén celebraban alí cada ano unha Festa do Pulpo, e que esperaban que a do próximo ano foise moi especial.
Finalmente, fíxose entrega dunha placa da LV Festa do Pulpo de homenaxe ao Centro Partido do Carballiño en Bos Aires.