A instalación de escenarios e atraccións festivas obriga a modificacións no tráfico ata o 20 de Setembro
As atraccións e barracas das festas patronais comezaron a instalarse esta noite, co obxectivo de que o fagan paulatinamente para crear os menores problemas de tráfico posibles.
A instalación destas atraccións e barracas, así como dun escenario que irá na Praza Emilia Pardo Bazán, obrigan a realizar algúns cambios no tráfico no centro da vila, ainda que as atraccións distribuiranse por diversas prazas e rúas, de maneira que supoña o menor contratempo posible tanto para os veciños como para os coches.
As atraccións de maior envergadura ubicaranse na Praza da Veracruz, como a gran montaña rusa “Super Ratón”, a Barca Pirata e o Saltamontes, entre outras. As demáis instalaranse na Praza do Emigrante, Alameda e Praza Irmáns Prieto, así como no primeiro tramo da rúa Xullo R. Soto (Aparthotel Arenteiro) e rúa Conde Vallellano (entre o cruce coa rúa do Paseo e a rúa Aldara). A montaña rusa comezará a instalarse na madrugada do mércores. Finalmente, o escenario da Praza Emilia Pardo Bazán ocupará unha parte da calzada da confluencia da rúa Cesáreo Tizón coa rúa Ribeiro.
Por este motivo, o concello e a comisión de festas piden disculpas polas molestias que se poden crear estes días pero que son absolutamente necesarias para desenvolver o programa de atraccións e actividades previstas nesta edición das Festa do San Cibrao.
PROGRAMA
O programa de festas do San Cibrao comezará o xoves 14 de setembro, coa apertura das atraccións, o Festival da Mocidade con grupos de pop-rock e reggae do Carballiño e un tributo a Los Suaves, que se celebrará na parte de abaixo da Praza da Veracruz (escenario na rúa Evaristo Vaamonde); e o encendido do alumeado artístico, e rematará o martes 19, día do Romería da Saleta, se ben as atraccións celebrarán o día de neno o mércores 20 de setembro.
Entre as actividades musicais destacan os concertos das bandas de música A Lira de Rabadavia xunto co Orfeón do Carballiño, a Banda de Música de Vilatuxe e a Banda Escola de Música do Carballiño, así como da Coral Polifónica Casablanca de Vigo. E entre as orquestras destacan a París de Noia, o Combo Dominicano e Claxxon, xunto con tres orquestras máis; un tributo da música dos 80, un tributo a Los Suaves e varios grupos do Carballiño, así como charangas e grupos de gaitas.
As festas tamén contarán coa novidade da tirada de fogo voador na explanada da entrada do parque municipal o sábado 16 de setembro.
LIBRO DAS FESTAS
O libro de man das festas, que está a ter unha gran demanda, pode solicitarse na Oficina Municipal de Turismo (Alameda) ou na Oficina de Recadación Municipal (rúa Faustino Santalices, tras do concello).