Emigrantes retornados de toda Galicia maniféstanse nas rúas do Carballiño pedindo "xustiza e igualdade fiscal"
Varios colectivos a asociacións de emigrantes retornados protagonizaron unha nova manifestación na que piden á Axencia Tributaria que cese no que considerán é un agravio comparativo cos xublidados que non emigraron.
Entenden que ese agravio que denuncian prodúcese na obrigatoriedade que teñen de tributar no IRPF "aínda que non cheguen a unha renda de 22.000 euros, como é o caso dos xublidados en España", manifestan
No caso destes emigrantes retornados sí teñen esa obrigatoriedade de tributar ao entender a Axencia Tributaria que reciben unha renda base e unha complemetaria, e considera que son dous pagadores distintos, polo que están obrigados a tributar a partir dos 11.200 euros.
A manifestación partíu da Praza do Emigrante e rematou fronte ao edificio que ten no Carballiño a Axencia Tributaria.