O alcalde de Maside non pon os plenos os mércores
Teño que decir que o comunicado do PP de Maside onde, única e exclusivamente se queixa de que o alcalde non pon os plenos os mércores, é de traca.
Mirade, á xentiña impórtanos mais ben pouco cando teñades os plenos. O que nos importa e que fagades algo polo pobo, que está máis cheo de lixo que nunca, esmorece cada día máis, a rede clientelar que tiña cando gobernaba o PP é a mesma que ten hoxe que goberna o PSOE, etc, etc, etc... E calquera que lea voso comunicado en “perfecto” castelán con ese “se llegara a un acuerdo” sinte vergonza allea.
E sinte vergonza allea cando ve que certos“políticos” que deberían representar as demandas do pobo, represéntanse a sí mesmos montando esta titiritada de neniños cativos de moitos apartados con un únco feito probado: O Sr. Alcalde non lles pon os plenos os mércores. E teñen a desfachatez de recoñecer que “se llegara a un acuerdo” pra fixar o día máis cómodo para ir aos plenos, os mércores, e non o día máis oportuno para os intereses de Maside.
E faime gracia a solemne fantasmada de : “La suma de todo ello” (que non suma máis que non lles poñen os plenos os mércores) “nos lleva a plantearnos el solicitar el amparo ante autoridades competentes”, pero amparo de qué??? do feito de quen ten unha potestade, exercite legalmente a sua potestade, e convoque os plenos cando estima oportuno dentro dos plazos???? Qué autoridade vos amparará de alguén que exerce a sua potestade dentro da legalidade??? Baltar fillo enviando un operativo de “Forzas e Corpos de Seguridade da Excma. Deputación” dende o hoteliño onde probablemente estea a pasar a ponte???? Deberíades amosar ese “ acuerdo al que se llegara”, por escrito. Se non hai tal acordo faríades mellor en ampararvos dos vosos propios desatinos, ou do desatino do autor do comunicado.
Os rogos poden quedar no esquecemento, pero as preguntas non. As preguntas son contestadas ou son ignoradas. Tendes que revisar con agarimo vosos argumentos e decatarvos que nin os rogos son vinculantes, nin as preguntas son esquecidas. Se as esquecedes vos, está o Secretario-Interventor para refrescarvos a memoria mediante a Acta do Pleno que reflectirá se as preguntas foron contestadas ou non. E por descontado, o resto das vosas solicitudes tampouco son vinculantes.
E non frivolicedes con palabras como democracia, diálogo, e entendemento que redunde en beneficio de todos, porque vosa única reivindicación de todo o texto é que vos poñan os plenos os mércores, e non pedides nada para o resto do pobo ao que vos deberíades representar xunto co Goberno municipal. Vosa comodidade non é o beneficio de todos, é voso beneficio.
En Maside xa sobran rumorólogos para que veñades vos a teorizar sobre os plas do alcalde na ponte da Hispanidade. Penso que voso novo timonel non coñece onde anda a Estrella Polar, porque o anterior comunicado onde se denuncia a desidia do Goberno municipal co tema da alcantarilla achega algo de valor para Maside, pero este disparate de comunicado é pura palla.