O Parque de Bombeiros do Carballiño acolle o primeiro curso que se realiza en Europa sobre o emprego de drones nas emerxencias
O parque de bombeiros do Carballiño acolleu esta mañá unha clase práctica dun curso sobre drones para casos de emerxencia e no que participaron 21 persoas entre bombeiros, sanitarios do 061, ambulancias e grupos de emerxencia local.
Trátase do primeiro curso oficial deste tipo que se fai en España e Europa, e o Parque de Bombeiros do Carballiño será o primeiro de España que conte cunha unidade de drones.
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, seguiu “in situ” a clase práctica dende o posto de mando.
Esta práctica consistiu no traslado por un dron dun botiquín de emerxencia a unha persoa ferida nun lugar inaccesible, tras dun accidente dun transporte de substancias perigosas.