O BNG denuncia falta de seguridade na nova senda peonil do río Avia en Leiro
O concelleiro do BNG, Luis Pérez "Ficol" considera que é unha imprudencia deixar esta nova senda peonil "sen ningún elemento de seguridade, sobre todo para as persoas maiores e os nenos, xa que a zona de paseo non leva ningunha protección cara o rio, cun desnivel de máis de tres metros de alto".
Manifesta Ficol que deixar a senda peonil neste estado é unha auténtica temeridade que agarda nunca sexa preciso lamentar.
Tampouco comparte o concelleiro nacionalista "a estreitez do paseo, xa que a duras penas poden curzarse dúas persoas, e dificilmente poderá facélo unha silla de rodas dunha persoa con discapacidade".
Asemade, Ficol pensa que "ésta é unha preocupación e sentir da maioria da veciñanza" polo que debería tomarse en consideración, e recorda que "no proxecto inicial estaba contemplada a instalacións dunhos pasamáns pola ladeira do rio, polo que debe esixirse a súa colocación, tal como figura no primeiro proxecto técnico aprobado pola corporación municipal do concello de Leiro".