Vaga de roubos: o Restaurante Fuchela rexistra o cuarto nos últimos meses, os ladróns tamén visitaron o IES Chamoso Lamas e vivendas de Mesego.
Os ladróns -que eran catro e ían con guantes e coa cara tapada con carapuchas según pudo observarse no vídeo da cámara de seguridade- conseguiron entrar no interior do restaurante Fuchela, na Avenida 25 de Xullo do Carballiño- ás 3 desta pasada madrugada.
Romperon a porta de cristal de a cceso ao restaurante e palanquearon a mesma, en apenas un minuto e mentras soaba a alarma, levaronse o diñeiro da máquina tragaperras. É a cuarta vez no transcurso dos últimos seis meses que este restaurante carballiñés é obxeto dun roubo.
Nas últimas horas foron denunciados varios roubos cometidos en localidades da comarca.
NO IES Chamoso Lamas levaronse tres ordenadores portátiles, diñeiro en efectivo e 30 kilos de productos comestibles. Tamén son cuantiosos os danos causados nas instalacións, que foron avaliados en máis de 2.000 euros.
Na mesma localidade de Mesego, unha veciña presentaba denuncia ante a Garda Civil en relación ao roubo sufrido na súa vivenda, da que se levaron numerosas xoias e 2.500 euros en diñeiro en efectivo.