Veracidade nas noticias

18, Febreiro 2018

 

Hai que ver a inventiva que teñen algúns " xornalistas" por chamarlles dalgunha forma, a hora de encher o papel do xornal. Eu lin a noticia na web, pero seguro que tamén está no xornal impreso. A verdade é que me diu a risa o lela, pero case pode pasar por un escritor de novelas basadas en feitos reais o que escribiu este artigo.

Todo mundo sabe que este venres se incendiou un tren no apeadeiro da Friela que está no casco urbano de Maside. A planta de gas licuado a que fai mención a noticia está na estación da Touza, a 2 km de distancia. Descoñezo si os responsables activaron ou non un protocolo de prevención por un incendio no apeadeiro de Maside a esa distancia, pero dicir que os depositos están a escasos 50 metros do incendio, cando están a 2 km de distancia....

Alguén, non sei quen, debería tomar cartas no asunto con esta xente. Xa dixen que a min me deu a risa con esta noticia, pero fai poucos dias faleceu un veciño do concello de maside nun accidente de coche a altura de Fonteboa. Este mismo xornal, o pouco tempo do accidente, non tivo reparos en poñer unha foto da furgoneta sinestrada ( que está rotulada e todos os que somos da zona sabemos de quen é) e dicir que o accidente se produxo na N-541 e que ía de acompañante a muller do falecido. Nin o accidente se produxo na N-541 nin o outro do ocupante do vehiculo era a sua muller. Que podería pasar se a noticia a ve un familiar cercano ou mesmo os fillos/as?

Non se pode informar, neste case malinformar a calquer prezo.

Veracidade e rigurosidade ante todo. Calquera información sen iso non ten credibilidade.