As ocorrencias do PP de Maside
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/pp-maside-cuestiona-inmine...
Din os do Partido Podre de Maside que "Maside é un dos moitos concellos que subiron o IBI despois da actualización da valoración catastral, quedando acreditado que non entenden a diferencia entre unha nova valoración catastral ou ponencia de valores, e o incremento do valor catastral polos coeficientes correctores de Montoro (aínda ignoran que foron todos e non moitos, todos, os concellos de España os que sufriron un increento do valor catastral por culpa dos coeficientes correctores de Montoro publicados cada ano nos PGE).
Independentemente de que o concello concorra a unha nova ponencia de valores, ou nova valoración catastral, todos os concellos de España sufriron un incremento dos valores catastrales, por una lei, feita por Montoro no 2004 sendo daquela ministro, lei que non se atreveu a aplicar o PSOE, pero que tampouco derogou por iso de ter ese comodín na recámara. E que Montoro comezou a aplicar dende hai unhos anos.
Cando un Concello entende que existen discrepancias entre este coeficiente corrector de Montoro, e o valor dos inmobles, ten a opción de solicitar á Dirección Xeral de Catastro un novo relatorio de valores (o anterior relatorio realizouse no ano 1989). Facenda contrata unha empresa privada e realízase unha nova valoración colectiva dos bens inmobles.
Maside solicitou este procedemento en 2016, ao entender, como moitos outros concellos, que os coeficientes correctores de Montoro eran excesivos (iso si, podía facelo antes pois como a anterior ponencia data do 89, é moi probable que os novos valores superen incluso os do coeficiente corrector á alza de Montoro). A empresa privada que enviou Facenda finalizou os seus traballos o 30 de novembro de 2017. Pero xa de antes Maside sufrira incrementos das bases reguladoras. Levamos pagando os sablazos de Montoro dende hai unhos anos.
Nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018, se os houbera, sairán publicados os novos valores catastrais en virtude desta nova ponencia de valores, e se non, sairán publicados por Decreto, como xa sucedeu en 2016 para os concellos que solicitaran novas valoracións catastrais e o resto mediante os coeficientes correctores.
E serán os novos valores que se apliquen ó tipo do 0.60, pois ao ser o IBI un imposto que se devenga a un de xaneiro, a hipotética baixada do tipo impositivo que promete o alcalde terá efectos en 2019, a condición de que esta baixada apróbese en 2018. Lembrarlle doutra banda aos do Partido Podre, que este 0.60 é o mesmo tipo impositivo que eles aplicaron nos seus 16 anos de mandato.
Pero o máis curioso deste asunto é a ignorancia na que vive o PP de Maside. Pide este tal Jorge que se dá a coñecer como voceiro (aquí en Maside entendiamos que había unha voceira) do PP, que o excedente se dedique ao proxecto abandonado da Fontela. E QUÉDASE TAN PANCHO O PERSONAXE!!!!!!
¿Pero en que mundo vive este personaxe? En 2010 Baltarín presumía de mediar na consecución dun investimento de 4.2 millóns de euros para a reubicación das vivendas da Fontela (que sempre foi un soño e unha iniciativa dunha persoa que si amaba e preocupábase por Maside, e ao que debemos sumar outras iniciativas como a que no seu día tivo Chema) ¿Era unha nova fanfarronada do PP? ¿Perdeuse este diñeiro en sobres B? ¿En hoteliños? ¿Reservouse este diñeiro para que o novo candidato do PP de Maside meta os narices onde non debe, prometendo diñeiro a través de emisarios?
http://www.ppou.es/blog/contenido/127/casimiro_campo_consegue_que_a_xunt...
Dicirlle a este novo personaxe do PP que o que xerou o catastrazo, non é un excedente, senón un remanente de tesourería que é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas. Para iso cuantifícanse, por unha banda, os fondos líquidos da institución (diñeiro en caixa e bancos) máis os dereitos recoñecidos pendentes de cobro. É o que o alcalde chama superávit, pero non é un superávit (porque moitas veces se contabilizan dereitos de cobro que xa prescribiron, e dereitos que nunca se cobrarán. E este remanente debe dedicarse a amortizar a débeda, como establece a lexislación autonómica, tal como se fixo, pero seguimos con débeda en Maside. Tan só aos bancos débeselles 296.000 euros, e hai acreedores aos que tamén se lles debe cartos.
O alcalde non moverá ficha ata que coñeza realmente os novos valores catastrais, porque se se pasa de baixada de tipo impositivo, en vez de ir amortizando a débeda, incrementará a débeda, e volverá á débeda inicial (polo menos así o faría alguén con dous dedos de fronte, aínda que non demostrou telos prometendo unha baixada que non tería efectos ata 2019, así que este 2018 vai ser de sablazo fiscal, cortesía de Montoro).
Esoutra ocorrencia do persoeiro do PP, baixada do seguinte pago, é un disparate que ven a ratificar a súa ignorancia nesta materia. Agora ben, se él paga a débeda de Maside, polos masidaos xenial. Ningún concello pode facer descontos sobre o que resulta de multiplicar a base reguladora polo tipo de gravámen, tan só ten potestade pra facer bonificacións ata un límite, cando se paga por domiciliación bancaria, e por outros conceptos perfectamente tipificados na normativa vixente, pero non por ocorrencias cómicas.. A non ser que se pretenda burlar a lei, e diso o PP sabe moito. De paso pode pedirlle a Montoro que devolva o que el cobrou de mais por IRPF, Imposto de Sucesións e Donacións, e Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (aquí Montoro púxose as botas, xa subira o tipo impositivo do 4% ao 7%, e agora subiu a base reguladora cos coeficientes correctores dos valores catastrais). E xa postos ¿qué tal pedirlle aquelo dos sobres B?
Xa se aprobaron os orzamentos do 2018, e o PP dicía que estaban expectantes de que sairan, e o final non dixeron nin mu. Deben ignorar que unha ordenanza fiscal que aprobe unha baixada do tipo impositivo con efectos no ano 2019 non ten que aprobarse cos orzamentos do concello, debe aprobarse en calquer Pleno. E o remanente de tesoureiria non ten efectos sobre os orzamentos, senon sobre o pago da débeda (deberían sabelo, eles xeraron parte desta débeda e agora pretenden ignorala, ademáis de ignorar moitas outras cousas).