Volven entrar no Restaurante Fuchela: é o quinto roubo que sufre nos últimos seis meses

6, Marzo 2018

Acontecía ás catro e media desta pasada madrugada neste restaurante carballiñés, Pulpería Fuchela, na Avenida 25 de Xullo, desta vez os ladróns empregan un tempo de 42 segundos en realizar todo o operativo do roubo.

Según tamén puxo de manifesto o visionado do video da cámara de vixilancia do local foron 3 persoas coa cara tapada os que participaron no roubo.

Tamén desta vez, romperon o cristal do local -como pode apreciarse na fotografía- e unha vez no interior valeiraron a recadación da máquina tragaperras.

Este roubo súmase aos rexistrados noutros establecementos carballiñeses no transcurso das últimas semanas.