As ANPAS dos centros educativos piden ao concello políticas que frenen o declive do Carballiño
As cinco Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos carballiñeses veñen de remitir tanto ao goberno municipal como aos grupos da oposición no concello do Carballiño un escrito " para mudar as políticas realizadas neste pobo nos últimos anos, baseadas no bacheado, asfaltado e ensanchado de beirarúas como prioridade".
Unhas políticas "caducas" que está provocando un retroceso en moitos aspéctos, incluido a perda poboaciónal dos últimos anos, que se manifesta no descenso que nos catro últimos anos se pon de manifesto no descenso do padrón municipal de habitantes, afirman, e que está provocando que moitos veciños teñan que desprazarse a outras localidades en busca de oportunidades que non encontran no Carballiño.
"Esta situación está a afectar nos propietarios, pequenos empresarios e emprendedores, pois unha vila sen servizos perde o seu atractivo para emprender novas iniciativas ou consolidar as xa existentes. Aquelas persoas que andan a procura dun lugar para establecerse, mercar a súa vivenda e criar aos seus fillos teñen moi en conta a precariedade de servizos que na actualidade existen no Carballiño", reflexionan.
As ANPAS solicitan tanto do goberno municipal como dos grupos da oposición que deseñen políticas que reviertan esta situación, e facer do Carballiño unha vila atractiva e moderna.
Enumeran no seu escrito unha relación de carencias e mesmo propoñen algunhas iniciativas, como mellorar a accesibilidade e mobilidade tanto no casco urbano como nos accesos aso centros escolares e as zonas con instalacións deportivas.
Tamén solicitan medidas a favor da sostibilidade e os servizos públicos, tales como creación de novas escolas deportivas e escolas municipais con prezos asequibles., asi como a creación de espazos culturais e de ocio e lúdicas.
Para o parque municipal demandan pistas de skate, actividades e prais fluviais, iluminación e circuíto con marcación kilométrica para a practica deportiva. Tamén que se actualicen as concesións municipais, na zona dos muiños, antiga casa sindical, estacións de autobuses, centro comarcal ou antiga fábrica de papel.
Nesta relación de carencias tamén fan referencia ao deterioro do parque infantil da Alameda e piden unha piscina pública climatizada.
Son algunhas das propostas que entenden "serían imprescindibles para acadar os obxetivos necesarios nunha vila en progreso e en comunión coas súas veciñas e veciños".
O escrito está asinado polas ANPAS A Uceira, Vila do Arenteiro, Sagrado Corazón, IES Chamoso Lamas e IES nº 1.