A concellería de medio ambiente procede á replantación das camelias retiradas da Avda. Julio Rguez Soto
Os camelios subsitutídos na recente plantación de novas árbores nun tramo da rúa Xullo R. Soto, e que puideron ser recuperados, están sendo tranplantados dende o luns pasado nos terreos dos centros sociais das parroquias, según a información facilitada pola concellería de medio ambiente.
Concretamente, xa foron transplantados once camelios nos centros sociais de Banga, Seoane, Sagra, Partovia, O Torrón, Madarnás e Veiga, e está previsto transplantar catro máis, ainda que se dubida de que podan saír todos adiante.
O estado xeral dos camelios xa quedara constatado -aseguran- nun informe técnico encargado pola concellería de Medio Ambiente o pasado mes de febreiro, antes de tomar a decisión de substituílos por outro tipo de árbores máis axeitadas para unha rúa céntrica.
Dase a circunstancia de que dos vintecinco camelios substituidos na avenida Xullo R. Soto, a metade estaban completamente inservibles para transplantar, pois secaran ou tiñan deficiciencias nos cepellóns, polo que non foi posible recuperalos, aclaran dende a concellería.
Este traballo, ao igual que a plantación das novas árbores da avenida Xullo R. Soto, está sendo realizado por unha empresa especializada en xarnidería, contratada para o efecto pola concellería de Medio Ambiente.