"Veciños de Piñor" denuncia a aparición de bandexas de comida do "Xantar na Casa" nos colectores do lixo

3, Maio 2018

Non se trata dun caso puntual e illado, senón que é un episodio que se tería repetido varias veces no transcurso do últimos meses, asi o puxo de manifesto nunha intervención nesta emisora de radio o portavoz do grupo "Veciños de Piñor", Uxío Rodríguez.

O concelleiro puxo os feitos en coñecemento do alcalde de Piñor, a través dun escrito presentado no concello e que acompaña de documentación gráfica, na que poden verse varias bandexas do programa "Xantar Sobre Rodas" que foron localizadas nun colector da recollida do lixo esta semana "comida en bandexas que non foron desprecintadas, e que non caducan ata o vindeiro dia 9 deste mes de Maio", subliñou.

"Veciños de Piñor" pide ao alcalde que abra unha investigación e poña o feito en coñecemento da Consellería de Política Social, manifestan a súa repulsa por unha conducta "insolidaria e irresponsable", tendo en conta ademáis "que se trata dun servizo de quen un coste mensual de 225 euros, que na súa maior parte son costeados con diñeiro público"