Os Socialistas instan ao concello a levar a cabo un plan de control das fontes e mananciais de uso público

20, Maio 2018

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA UN PLAN DE ANÁLISE DE TÓDALAS FONTES PÚBLICAS E MANANCIAIS DE TRAIDAS DE AUGA DE CONSUMO HUMANO DO CONCELLO DE O IRIXO.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PRIMEIRO.- Que no noso Concello existen numerosas fontes e mananciais que subministran de auga a toda a veciñanza do Irixo, si ben moitas veces este consumo de auga carece de control sanitario e pode repercutir negativamente na saúde dos veciños e veciñas que fagan uso da mesma.
SEGUNDO.- Que o consumo de auga en mal estado pode ter unha incidencia directa sobre a saúde das persoas, son coñecidas por todos as enfermidades gastrointestinais sen obviar, as enfermidades crónicas por sustancias químicas presentes na auga que moitas veces nin sequera se vinculan ca mesma pasando inadvertida a orixe de dita enfermidade que realmente está na auga. Que incluso non é nada novo o feito de que en outros concellos se teñen detectado no pasado contaminacións de arsénico e outras sustancias nos mananciais de consumo humano co grave risco para a saúde das persoas.
TERCEIRO.- Que entendemos que as fontes son un ben de uso público e os mananciais de consumo humano dos distintos pobos un ben de primeira necesidade para a veciñanza, un ben indispensable e necesario para a vida, polo que o Concello de O Irixo debería atender a súa vixilancia, control, mantemento e sinalización, dando información da calidade sanitaria das augas que subministran.
CUARTO.- Que entendemos preciso que o concello realice un plan de autocontrol adecuado insistindo naquelas fontes nas que se teña constancia que son utilizadas para consumo de auga e que as sinalice de acordo ás características da auga.
QUINTO.- Que nas fontes e mananciais naturais nos que o concello teña constancia que son utilizadas para consumo de auga habitual deberíase realizar un autocontrol periódico dúas veces ó ano, no cal se deberían analizar os parámetros recomendados pola Xunta de Galicia: olor, color, turbidez, condutividade, PH, amonio, Escherichia coli e bacterias coliformes, nitritos, nitratos, enterococos, Clostridium perfringense e outros parámetros en función das características particulares da auga (aluminio, arsénico, manganeso ou ferro, por exemplo). Que segundo as recomendacións e/ou normativa legal se informe/sinalice os resultados dos mesmos e cando sexa posible se proceda a colocación da última análise de auga realizada.

Que dito todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración, co fin de evitar riscos potenciais para a saúde, garantir a salubridade da auga e así asegurar a protección da saúde da veciñanza do Irixo, insta ó Pleno municipal á adopción dos seguintes ACORDOS:

1º.- Que o Concello de O Irixo encargue unha analítica exhaustiva de tódalas fontes e mananciais de consumo humano do municipio que se deberá repetir coa periodicidade recomendada pola normativa autonómica ó efecto.
2º.- Que o Concello de O Irixo faga públicos os resultados das analíticas co fin de que toda a veciñanza coñeza o estado da auga que están bebendo, e que se hai algún problema se tomen as medidas preventivas e correctoras necesarias.
3º.- Que no seu caso se informe insitu, cos carteis correspondentes e axustados ás recomendacións e/ou normativa legal, do estado da auga dos mananciais; “AUGA APTA PARA O CONSUMO HUMANO”, “AUGA SEN GARANTÍA SANITARIA” ou “AUGA NON APTA PARA O CONSUMO HUMANO”.