Que arranxen xa a rúa Alberto Vilanova, é de xustiza
É unha vergoña ver o estado desta rúa tan transitada cada día. Asfaltado penoso, levantado e con fochancas. Nunca tuvo pintado os carrís e os arcéns. Case inexistencia de sumideiros ou cunetas de desagüe que comuniquen co alcantarillado o que provoca grandes bolsas de auga cando chove. Iluminación raquítica. Aceras incompletas e as que hai en moi mal estado. E mentres todo esta pasa o alcalde alí mirando tomando café cada mañá na famosa cafetería dese mesma rúa como non querendo ver o problema e que non vai con él.
¿Cal é a excusa para non querer repararla? Qué non hai cartos? E de onde saíron os cartos da reforma de Otero Pedraio? (obra moito menos necesaria)
Sempre xogando con prazos na política. Seguro que 2 meses antes das próximas se anuncia a bombo e platillo tal arranxo. Algunhas cousas non cambian nunca. Cambio de goberno é igual a: o primero ano e medio non facemos nada como para facer ver o mal que deixaron as arcas os que estiveron antes e despois imos facendo para ver o bos que somos nos.
SEÑORES GOBERNANTES: QUE AS LEXISLATURAS DURAN 4 ANOS E HAI QUE FACER E GOBERNAR DENDE O PRIMEIRO ATA O ULTIMO DÍA, E NON DEIXAR TODO PARA A VESPERA DAS SEGUINTES ELECCIONS. QUE XA NOS CONOCEMOS TODOS.