Patricia Torres en Boborás, e Luis Jorge Álvarez en Maside, perfilanse como novos alcaldables do Partido Popular. En San Amaro, o alcalde Ernesto Pérez tampouco repetirá.
No caso de Boborás, o Partido Popular da localidade da por feito que Cipriano Caamaño -alcalde con sucesivas maiorias absolutas dende 1991- optará por propiciar unha renovación nas eleccións municipais de 2019. A actúal concelleira de cultura e concelleira dende fai 7 anos, Patricia Torres, é a favorita entre a maioria dos populares de Boborás para ser a candidata á alcaldia de Boborás, en sustitución de Caamaño.
No caso de Maside, tamén é seguro que non repetirá como candidato Alejandro González, que debutara como tal en 2105. Como aposta dos populares para os comicios do ano que ven e como candidato á alcaldia de Maside aparece o nome de Luis Jorge Álvarez Ferro, sen experiencia na política municipal, aínda que membro activo do colectivo "Plataforma Masidá", que protagonizou algunhas mobilizacións críticas contra a xestión do alcalde socialista, Celso Fernández.
O alcalde de San Amaro tampouco repetirá
Ernesto Pérez xa comunicou formalmente ao seu grupo municipal e tamén a dirección provincial do partido que non repetirá como candidato do Partido Poopular á alcaldia deste concello, onde goberna con maioría absoluta. O seu sustituto podería estar no actúal grupo municipal.