Nace a Agrupación Local de Protección Civil de Boborás
A casa do concello de Boborás acolleu o acto de presentación na nova Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, a cuarta agrupación local no ámbito da comarca do Carballiño.
E tras a presentación, a nova agrupación xa realizou o seu primeiro servizo público, colaborando coa organización do Trail Nocturno de Boborás, celebrado na noite deste sábado dia 30 de Xuño.
A presentación oficial da Agrupación de Protección Civil de Boborás tivo lugar coa presenza de José Olivier Reboredo, xefe de servizo de Emerxencias de Ourense, un representante da posto da Garda Civil de O Carballiño, a tenente de alcalde; Patricia Torres, Avelino Prado; concelleiro de medio ambiente e Manuel González concelleiro de Xuntos por Boborás, así como o xefe da agrupación de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro.
A agrupación está conformada por 13 voluntarios, todos eles de Boborás, e conta con dúas mulleres.
A tenente de alcalde Patricia Torres explicou deu as grazas na súa intervención as todos os voluntarios por sumarse a este proxecto, un feito histórico para Boborás o tratarse da primeira agrupación deste concello. Destacou a ilusión que todos os voluntarios mostras e precisou que a súa labor será esencial para a mellora da vida dos veciños e veciñas de Boborás.
O xefe de servizo de Emerxencias de Ourense dixo que "para nos é un día moi especial, posto que a agrupación número 72 que hai na provincia". Destacou o gran número de voluntarios presentes e xa uniformados e explicoulle aos voluntarios a súa colaboración e disposición para o que precisen.
Por último, o representante da Garda Civil do Carballiño, indicou que "estos voluntarios forman parte fundamental dos operativos para garantir a máxima seguridade" e tendeu a man para a colaboración entre ambas entidades.