Medio millar de comparsistas desfilarán polas rúas do Carballiño este sábado no Carnaval de Verán

12, Xullo 2018

Máis de cincocentas persoas, integradas en catorce comparsas, murgas e charangas, desfilarán este sábado, 14 de xullo, polas rúas máis céntricas da vila durante o Entroido de Verán. Estarán as charangas que foron premiadas no entroido de inverno do Carballiño e doutros lugares da provincia e de Galicia.

Así, formarán parte do desfile as comparsas Ciklón, Os Solfamidas, Os Festicultores, Os 100TOLOS, así como Os Silleiros Hippies de Maside, O Gran Musical do Castro de San Amaro, Os Azucarados de Maside, Os Mexicanos, Os Arrieiros de Dacón, Tribu Samburu de Partovia e Os Picapedra de Aspadisi, ademáis das charangas Castro Bello e Doctor Anchoa. E, por suposto, non faltarán a esta cita Os Liborianos.

O desfile comezará ás 20,30 h., con saída dende a Praza da Veracruz, e co seguinte itinerario:

Praza da Veracruz/ Curros Enríquez/ Rotonda Alameda/ Avda. Julio Rodríguez Soto/ Centro Galego de Bos Aires/ Tomás Mª Mosquera/ Praza Maior.

A partir das 12 da noite, haberá verbena na Praza Maior amenizada pola orquestra MARBELLA.

Pero o Entroido de Verán tamén terá a súa vertente infantil, que se celebrará o venres 13, a partir das 10,00 h., na Praza Maior, cun obradoiro de máscaras, e desde as 11,30 h., animación a cargo do DJ Tibu.

PROGRAMA DESFILE SABADO 14

Orde de saída das agrupacións:
1. OS LIBORIANOS
2. CHARANGA CASTRO BELLO
3. OS PICAPEDRA DE ASPADISI S/M
4. COMPARSA OS 100TOLOS
5. TRIBU SAMBURU DE PARTOVIA
6. OS ARRIEIROS DE DACÓN
7. CHARANGA DOCTOR ANCHOA
8. OS MEXICANOS
9. OS AZUCARADOS DE MASIDE
10. O GRAN MUSICAL DO CASTRO DE SAN AMARO
11. OS SILLEIROS HIPPIES DE MASIDE
12. COMPARSA OS SOLFAMIDAS
13. OS FESTICULTORES
14. COMPARSA CIKLÓN

Ás 00:00 horas terá lugar unha verbena na Praza Maior amenizada pola ORQUESTRA MARBELLA.