O concelleiro socialista Iago Fariñas propón a posta en valor das "Mámoas de Segade" e do rico patrimonio arquelóxico do municipio
O conxunto das mámoas de Segade, inédito e espectacular con media ducia de mámoas, duns 20 metros de diámetro por case 3 metros, a uns setecentos metros de altura, ofrecen ó visitante unha impresionante panorámica da contorna da parroquia de San Cosme e dos pobos e concellos veciños, aínda conservan, feito que non é habitual, os esteos que forman o dolmen, si ben sería de época posterior, consta a inscrición do mosteiro de Oseira e na cara oposta figura outra lenda de “S. Salvador de O” e na cima dun dos esteos pódense ollar uns petróglifos en forma dun par de coviñas.
As mámoas de Segade están catalogadas pola Dirección Xeral de Patrimonio coa denominación de “conxunto de Mámoas de Segade”.
Os socialistas lamentan que a pesar do tempo transcorrido, o goberno municipal, unha vez máis, anclado na apatía e na compracencia de non facer nada para poñer os recursos do Irixo en valor e poñelo no mapa, non fixo absolutamente nada, a pesares de que o pasado 30 de xuño de 2017 os socialistas presentamos unha moción para A CONSTRUCIÓN DUN GRAN PARQUE ARQUEOLÓXICO NO IRIXO e que dita moción foi aprobada por unanimidade da corporación municipal.
O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO EN XERAL, E O CONXUNTO DAS MÁMOAS DE SEGADE EN PARTICULAR, NO IRIXO.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
PRIMEIRO.- Que o pasado 30 de xuño de 2017 os socialistas presentamos unha moción para A CONSTRUCIÓN DUN GRAN PARQUE ARQUEOLÓXICO NO IRIXO, ó entender que O Irixo debería estar no mapa pola súa riqueza patrimonial entre outras moitas cousas, como concello rico en xacementos arqueolóxicos, castrexos, rupestres e xa máis recentemente, incluso xacementos románicos.
SEGUNDO.- Que a pesar do tempo transcorrido, o goberno municipal, unha vez máis, anclado na apatía e na compracencia de non facer nada para poñer os recursos do Irixo en valor e poñelo no mapa, non fixo absolutamente nada, a pesares de que dita moción foi aprobada por unanimidade da corporación municipal.
TERCEIRO.- Que incluso unha mostra da riqueza arqueolóxica do noso concello, é o feito de que un dos símbolos máis destacados deste concello incluído no seu escudo sexa unha “Arracada”, que foi descuberta no ano 1905 no castro do Cardedo. Deuna a coñecer Xaquín Lorenzo Fernández no ano 1943 e na actualidade encóntrase no Museo de Pontevedra.
CUARTO.- Que no Irixo existen numerosos castros, no Cardedo e na Esfarrapa (Campo); A Cidá (Irixo de Arriba-Campo); Orros (A Cidá); Corneda (Vilameá-Corneda); Souteliño (Corneda); Loureiro (A Rúa Loureiro); Pedroso, Reádigos e Santiso (Reádigos), San Cosmede ou da Igrexa (O Castro-San Cosmede de Cusanca); Zacarade (San Cosmede de Cusanca); Monte dos Ollos (entre Ribela, parroquia de Riádigos, e Vilameá, parroquia de Corneda). Esfarrapa: Sobre o castro levantouse a ermida adicada a San Roque. San Cosmede: A igrexa parroquial asenta sobre o castro. Zacarade: Castro citado en documentos de mediados do século XVIII.
Que a todo o anterior hai que sumar incontables xacementos rupestres, petróglifos e gravados rupestres, que son elementos moi abundantes en todo o concello de O Irixo e incluso xacementos romanos de explotación aurífera. Entre todos estes xacementos, están as coñecidas por todos, pero esquecidas o mesmo tempo, as mámoas de Segade que forman un conxunto singular.
QUINTO.- Que as mámoas ou medoñas son túmulos funerarios característicos do Neolítico do noroeste da Península Ibérica, neste caso o conxunto das mámoas de Segade, e singular e o mesmo tempo espectacular. Estas mámoas aínda conservan, feito que non é habitual, os esteos que forman o dolmen, aínda si ben é certo que falta a lousa que facía de cumbre ou tapadeira. Ademáis esta está gravada, si ben sería de época posterior, consta a inscrición do mosteiro de Oseira e na cara oposta figura outra lenda de “S. Salvador de O”.
Destacar que na cima dun dos esteos pódense ollar uns petróglifos en forma dun par de coviñas que puideran ser anteriores á construción do enterramento.
Normalmente no interior encóntrase unha estrutura pétrea coñecida como dolmen ou anta, formando o conxunto, un túmulo funerario característico da cultura megalítica. Estamos pois ante enterramentos dos antigos habitantes destas terras entre os séculos V e II, que no caso das mámoas de Segade, están catalogadas pola Dirección Xeral de Patrimonio coa denominación de “conxunto de Mámoas de Segade” ó localizarse preto do propio pobo de Segade que lle da o seu nome.
Este conxunto inédito e espectacular de media ducia de mámoas, duns 20 metros de diámetro por case 3 metros, (rebaixadas nalgúns casos polas labores forestais e agrícolas) están ubicadas a uns setecentos metros de altura, ofrecendo ó visitante ademáis da súa propia riqueza arqueolóxica e cultural, unha impresionante panorámica da contorna da parroquia de San Cosme e dos pobos e concellos veciños.
SEXTO.- Que a posta en valor do patrimonio arqueolóxico do Irixo, en especial das mámoas de Segade, tería entre os seus obxectivos, o de fomentar e fortalecer a conciencia e o respecto cara o patrimonio cultural, e contribuiría a facer do Irixo un lugar máis atractivo que sumado a outras propostas feitas durante estes anos polos socialistas como o parque arqueolóxico do Irixo, un revulsivo para a verdadeira reactivación económica do territorio do Irixo e a súa posta definitiva no mapa.
SÉTIMO.- Que por esta riqueza arqueolóxica, elemento sobresaínte e diferenciador do Concello do Irixo, os socialistas do Irixo propuxemos mediante os nosos representantes no parlamento de Galicia, unha emenda presupostaria ós orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2017 co fin de acadar a financiación necesaria para poñer en valor todo este patrimonio como elemento diferenciador e dinamizador do noso concello, un investimento orientado á conservación e revalorización do patrimonio arqueolóxico, e tamén ó fomento da investigación.
Que por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
1º.- Que o Concello de O Irixo solicite da Xunta de Galicia e/ou da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) os medios económicos necesarios para a posta en valor do patrimonio arqueolóxico en xeral e as “Mámoas de Segade” en particular no Irixo.
2º.- Que se proceda á sinalización, acondicionamento e información que permita a vista das “Mámoas de Segade” ademáis dos demais lugares e restos patrimoniais máis significativos espallados polo Concello de O Irixo, restos arqueolóxico, castros, xacementos auríferos... etc.
3º.- Que se traballe e avance en colaboración con outras administracións na consecución dun parque arqueolóxico para O Irixo como xa foi aprobado por unanimidade da corporación municipal o pasado 30 d