A mala xestión na recollida do lixo no concello de Piñor
Vaia por diante, que dende VdP rexeitamos iste tipo de actuacións, que se producen por parte de persoas insolidarias, incoscientes e pouco respetuosas co medio ambiente. Logo non podemos queixarnos que a recollida de lixo é cara, cando procedemos diste xeito ( fotos) incoherente.
Dito isto,na carretera que vai dende o Carballiño a Piñor, o seu paso por Lousado, atopámos iste adefesio , que leva así preto dun mes e nón se ve intención de que mude, pola desidia e falla de xestión do PP e por ende do Alcalde de Piñor, polo abandono e deixadez das súas funcións, i o que é máis grave, traer a Lousado a Delegada da Xunta en Ourense, para un acto “político partidista cos veciños” onde lles vende o que é de xustiza( arranxarlles as rúas) e sácano na prensa a bombo e platillo, cando xa estaba alí o verquido. Pode ser un Alcalde tan irresponsable traendo a Delegada e nin xiquera retirar antes o verquido? Está claro que o único obxetivo era vender o que é de xustiza.
Dende VdP non damos creto a ésta imaxe dantesca, nun dos lugares de maior tránsito rodado entre O Carballiño e Piñor , nun entorno onde temos as Pozas do Peilan a fábrica do papel, o propio pobo de Lousado …..
Pedímoslle o Alcalde, que poña os pes na terra e que proceda a retirar iste vertedorio incontrolado e tomar as medidas correctoras oportunas para que isto non volva a suceder.E non será por falla de persoal, pois niste intre é elevado o número de traballadores cos que conta o Concello.