O Rallymix de Piñor cita neste municipio aos afeccionados ao automobilismo
O Concello de Piñor xunto coa Escudería MixRallyeSports organizan o III Rallymix de Piñor que se celebrará os días 28 e 29 de xullo.
Trátase da terceira edición desta proba automovilística que discorre por tramos mixtos de asfalto e terra e que está incluída no campionato Galego de Rallymix.
O primeiro tramo inicíase o sábado 28 con tres mangas, ás 12:15 h, ás 14:15 h, e ás 16:15 h, o domingo comeza as 10 h a primeira pasada, a segunda ás 12 h, e finaliza ás 16:30 coa entrega de premios no campo da Festa do Arenteiro.
Nesta edición agárdase superar a cifra de inscritos do ano pasado, que foi de 51.
O Concello de Piñor manifesta que "apoia o deporte, mostra disto son todas nas actividades nas que colabora e organiza para fomentalo durante todo o ano, como por exemplo a carreira de mushing, as XCO, o Enduro, andainas, trails, ximnasia de mantemento"
Ademáis este ano aprobou axudas económicas a deportistas federados con sede en Piñor para colaborar cos seus gastos nas probas deportivas.
Todas estas actividades e accións "tamén contribúen á dinamización do rural e a que noso municipio sexa máis coñecido", remarcan dende o propio concello de Piñor.