"La mujer Invisible" de Noemi Chantada e "Cando mamá pechou as caixas", primeiros premios do concurso de curtametraxes de Xociviga
O xurado do concurso de curtametraxes CURTASoPRIMA acordou na reunión celebrada esta mañá conceder os seguintes galardóns:
Por unanimidade acorda conceder o Primeiro Premio a LA MUJER INVISIBLE, de Noemí Chantada Puime, por considerar o honesto realismo e a delicadeza no tratamento dunha historia actual.
Asimesmo, acorda conceder o Segundo Premio a CANDO MAMÁ PECHOU AS CAIXAS, de Arancha Álvarez Brandón, polo realismo moi vencellado a Galicia, con carácter amador que reflicte unha realidade social actual.
E o Terceiro Premio a ESCARABANA, de Sara Casasnovas Pumar, recoñecendo a calidade técnica e de guión, ao tratarse dunha primeira curtametraxe.
Finalmente o Xurado, destaca a calidade xeral das pezas, especialmente as de carácter amador, a variedade de xéneros e temas, e a unanimidade á hora de outorgar as puntuacións.
Os premios, consistentes en 500, 330 e 100€, respectivamente, para o primeiro, segundo e terceiro, asi como tres trofeos, entregaranse na Gala 35 Aniversario das Xociviga, que se celebrará esta tarde no auditorio municipal.
O Xurado estivo formado por:
Na súa variante profesional, por:
Lara Bacelo. Fundación Carlos Casares
José Antonio Nogueira. Escuela de Artes Plásticas y Audiovisuales de la Benemérita Universidad Autónoma de Puebla, México.
José Rúas. CC SS e da Comunicación. UVIGO
Na súa variante non profesional, por
Aldara Pagán. Estudiante de CC da Comunicación. USC
Yeray Diéguez Barreiro. Estudiante CC SS e da Comunicación. UVIGO
Belén G. Ojea. Estudiante Ciencias da Comunicación USC