Todo preparado para a gran fin de semana do Carballiño: consulta aquí toda a programación festiva.

10, Agosto 2018

A 56 Festa do Pulpo do Carballiño pode marcar un novo record de participación. Así, as tarxetas para o xantar no recinto oficial do parque municipal están xa agotadas, e as reservas nos establecementos hostaleiros da vila tamén se completaron.

Non obstante, tanto no parque municipal como como nos bares e mesóns da vila que non admiten reservas neste día, hai capacidade suficiente para acoller a varios miles de persoas durante o xantar.

Para satisfacer a forte demanda de pulpo neste día, haberá postos de abondo de pulpeiros e pulpeiras no parque municipal, e tamén na vila.

SÁBADO, 11
Pola mañá, ás 12,00 h. concerto de música tradicional co grupo Feitizo de Pau na Praza de Abastos.
FESTA DAS CAMISETAS
O sábado, 11 de agosto, víspera do día grande da Festa do Pulpo, é unha xornada na que os protagonistas son os mozos e mozas, e moitas familias e grupo de amigos, que elaboraron camisetas para presentarse ao Concurso de Camisetas da Festa do Pulpo. Arredor de 2.000 persoas repartidas en máis de 80 peñas apuntáronse este ano para o concurso.
As peñas comezan a chegar á Praza Maior a primeiras horas da tarde, pero o evento comeza ás 18,00 h., coa exposición das camisetas elaboradas con motivos alusivos á Festa do Pulpo.
Despois comeza a Festa das Camisetas, con animación musical de batucada, charangas e DJ. Desfile de peñas polas rúas céntricas da vila. Fallo do concurso e entrega de premios ás peñas coas mellores camisetas e ás peñas máis numerosas.
Pola noite, animación polas rúas e prazas da vila.

DOMINGO, 12
Pola mañá, unha salva de bombas anuncia o comezo da 56 Festa do Pulpo, que se celebra no parque municipal, pero tamén na vila.
Charangas e grupos de música tradicional animarán as rúas e o parque durante todo o día.
As pulpeiras e pulpeiros comezan a cocer o pulpo a primeiras horas da mañá, e a partir das 12,00 h., xa se pode comer pulpo nos máis de medio cento de postos de pulpo que hai no parque e nas rúas e establecementos hostaleiros da vila.
Ás 13,00 h., recepción de autoridades na carpa instalada na explanada da entrada do parque municipal. Ademáis das autoridades autonómicas, provinciais e locais, asistirá o presidente do Centro do Carballiño en Bos Aires, Emilio Nogueira, a quen se lle dedica este ano a Festa do Pulpo por cumprir cen anos da súa creación, así como a cónsul xeral de Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro.
Ás 13,15 h., na pista do kiosko do parque, exhibición de música e baile tradicional, co Colectivo de Música e Baile Tradicional Puntapé, de A Coruña.
Pódese degustar o pulpo, a carne ao caldeiro, a empanada e demáis produtos da gastronomía galega en calquera dos múltiples bares instalados por todo o parque.
No recinto oficial do concello o xantar comezará ás 14,30 h. O menú consiste en empanada, pulpo á feira, carne ao caldeiro, caldo e postres típicos, ademáis de pan de Cea, viños e licores do Ribeiro, para finalizar cunha queimada.
A festa sigue no parque durante toda a tarde, e a partir das 21,00 h, haberá unha verbena na Praza Maior coa Orquestra VENEZIA.

OPERATIVO DE SEGURIDADE
Co obxectivo de favorecer o tráfico, e para que todo transcurra da mellor maneira posible, hai previsto un gran operativo de seguridade con axentes da Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e emerxencias.

De todos modos recomendase aparcar nas estradas das aforas da vila, xa que as rúas do casco urbano quedan prácticamente colapsadas dende media mañá.