O concello pide colaboración á Deputación para a pavimentación de varias rúas do casco urbano
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega e co portavoz popular do concello, Argimiro Marnotes, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións.
Na xuntanza, os representantes dos dous grupos políticos -PSOE E PP- que apoiaron os orzamentos municipais parra este ano no concello do Carballiño propuxéronlle a Manuel Baltar un novo proxecto de infraestruturas para o municipio.
En concreto, o proxecto incluiría a pavimentación de seis rúas do Carballiño (Castelao, Piñor, Pico Seco, Volante, Cea e Pena Grande), todas elas na parte norte do casco urbano do Carballiño, e que na actualidade presentan un defiente estado de conservación.