O Congreso bienal do Centro de Estudios Chamoso Lamas faise internacional e celebraráse do 28 ao 30 de Setembro en Cabanelas e Melgaço
O Congreso, que se celebra cada dous anos chega a súa XI edición facéndose internacional, os dias 28, 29 e 30 de Setembro, e desta vez trasladará unha das xornadas -a do 29- ata a localidade portuguesa de Melgaço, e con visitas ao parque natural da Peneda-Gerés e Castro Laboreiro, precisamente, o congreso incidirá en diversos aspéctos do fluxo cultural entre Galicia e Portugal.
Os outros dous dias -28 e 30 de Setembro- o congreso desenvolveráse na sede que ten o Centro de Estudios Chamoso Lamas na parroquia carballiñesa de Cabanelas.
A conferencia inaugural estará ao cargo da profesora Beatriz Vaquero Díaz que falará de "O Miño Medieval", mentres que a carballiñesa Rosa Ricoy Casas será a encargada da conferencia epilogal.
No programa do congreso destacan distintas comunicacións sobre diversos momentos e acontecementos históricos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Entre outras, figuran as que presentarán Xosé Fernández sobre "as escolas do concello de Boborás", "Algunhas pezas prerrománicas na área do Carballiño" a cargo do historiador Rafael Tobio, ou "Os silleiros de Maside, os de Maside silleiros", de José Ricardo Rodríguez.
O arqueólogo Jorge Lamas presentará "Intervencións arquolóxicas na Comarca do Carballiño: Torre de Godás e Mesa dos Bispos"; o historiador Juan Ignacio García "Unha aportación al estudio de la lucha contra los franceses durante la guerra de la Independencia en las comarcas de O Carballiño y O Ribeiro: el modelo seguido por la jurisdicción de Castro Cabadoso", e outro colaborador habitual do congreso, Manuel González Varcárcel achegará un traballo sobre "Feiras na comarca do Carballiño: o que se nos foi".
No acto de presentación do congreso participaron o alcalde Francisco Fumega, o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas Xosé Luis Sobrado, e o secretario Miguel García.