20 exposicións no "Arenteiro Fotográfico" da Asociación Fotográfica O Potiños, que se desenvolverá nos meses de Novembro e Decembro
A mostra “Arenteiro Fotográfico”, que se desenvolverá nos meses e novembro e decembro en dez espacios do Carballiño, incluirá unha vintena de exposicións individuais e colectivas.
Esta iniciativa, que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños, e que foi presentada esta mañá como “un paréntese do Outono Fotográfico de Ourense”, inaugurarase probablemente o día 10 de novembro cunha charla-coloquio e a proxección de diversos audiovisuais e curtametraxes.
No programa figuran os seguintes autores e títulos de exposicións:
-En novembro: Tere Fernández “Medusa Pedra Nai”, Asociación Fotográfica Os Negativos “Nuestra Mirada”, Fuco Reyes, Beatriz Cabanelas “Puerta hacia el sudeste asiático”, O´Potiños “Fronteiras”, Iván Barreiro “El azar encontrado”, Eutropio Rodríguez “The Fraga Fmily, Teté D.Estate “Mosmo na rúa” e Ana Pumar “Otra puerta a la ciudad”.
-En decembro: Jesús gil y Clara Lelarge “Amazigh O Marrocos Bereber”, Agrupación Fotográfica Fotosíntese “Pintando con luz”, Eutropio Rodríguez “The Fraga Family”, O´Potiños “Fronteiras”, Premios Viña do Campo 2018, Roberto García, Alberte Pereira “Fragmentos” e Roberto de la Torre “Pólvora”, e Iván Ferreiro “El azar encontrado”.
As salas de exhibición son: Auditorio Municipal Manuel María, Concello, Hotel Arenteiro, Casino, Rúa do Paseo, Café Peñasco, Pazo Almuzara, Asador Veracruz, Café Plaza.
No acto de presentación estiveron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández: o presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, Manuel Blanco; a secretaria deste colectivo, Esther Mosquera, e o tamén directivo Álex Carral, así como un dos integrantes do equipo de dirección do Outono Fotográfico Ourensán, Xosé Lois Vázquez “Che”.
Diego Fernández agradeceu o traballo que realiza a asociación O´Potiños e felecitou ao colectivo por organizar un evento de tanta trascendencia e que situará ao Carballiño como un referente fotográfico en Galicia nestes próximos meses, coa presencia de destacados fotógrafos de toda Galicia.
Manuel Blanco comezou explicando que esta iniciativa nacía en parte para curar o despropósito co Outono Fotográfico Ourensán, e de aí a presencia no acto dun integrante destacado da súa organización, Xosé Lois Vázquez.
Ao respecto dixo que esperaba que fose un paréntese e que no futuro poidera seguir desenvolvéndose. Así mesmo, amosou a súa sorpresa pola gran cantidade de ofertas de exposicións que chegaron, tendo que deixar algunhas fóra por falla de tempo e espazos, e destacou a calidade dos autores e autoras cuxas obras estarán incluidas na mostra. Destacou o labor que realiza a asociación que preside ao longo do ano, e o gran interese da mostra que exhibirán neste evento co título de “Fronteiras”.
Finalmente, Xosé Lois Vázquez “Che” ensalzou o labor que levan a cabo os integrantes de O´Potiños a prol da difusión cultural fotográfica e lamentou que, tras 35 anos, o Outono Fotográfico Ourensán non poidera celebrar a 36 edición. Por iso destacou esta iniciativa do colectivo carballiñés, que considera