O concello anuncia as obras de mellora nas rúas Cuba, Brasil, Uruguay, Venezuela e Argentina, cun investimento de 380.000 euros
O concello do Carballiño investirá máis de 380.000 euros no acondicionamento das rúas Cuba, Brasil, Uruguay, Venezuela e República Arxentina. O pliego deste proxecto, que se comezará a executar coa maior brevidade posible, xa está dispoñible no perfil do contratante da páxina web municipal.
O acondicionamento consistirá na substitución das tuberías de abastecemento, que son actualmente de fibrocemento, e que causan moitos problemas debido a que son moi vellas, por tuberías de PVC. Tamén se instalarán bocas de rego, chaves de paso e acometidas ás conducións de abastecemento.
Outro dos elementos importantes do proxecto é a reforma das beirarrúas que se atopan en peor estado ou que son excesivamente estreitas para coches de bebés ou cadeiras de persoas con discapacidade, e que levarán losetas hidráulicas no caso da beirarrúa esquerda da baixada da rúa Cuba e na beirarrúa dereita da baixada da rúa Brasil. Así mesmo, a beirarrúa da baixada da rúa Venezuela levará lousas de granito, co obxectivo de que teña unha continuidade coa rúa empedrada de Margarita Taboada e a praciña de fronte do balneario.
Outra intervención importante será unha nova pavimentación destas rúas con aglomerado asfáltico en quente.
O proxecto tamén contempla o acondicionamento dos cruces para adecualos á normativa de accesibilidade actual, así como o acondicionamento de entradas existentes, con rebaixe do borde na beirarrúa, e o fresado do firme para conseguir cota.
Finalmente, procederase á sinalización e balización, co marcado de pasos de peóns, indicativos de dirección, sinais verticais, e plazas de aparcamento.
O plazo de execución deste proxecto é de seis meses, e comezará a realizarse en canto conclúa o procedemento administrativo de licitación que se puxo en marcha estes días.
A este importante proxecto, que suporá unha mellora significativa destas rúas para os veciños e usuarios, lle sucederán outros non menos importantes de acondicionamento doutras rúas do casco urbano, cuxo procedemento de licitación se porá en marcha nestes próximos días, e que tamén serán financiados con fondos do concello.