As novas competencias do "director do INEM"

10, Decembro 2018

O día 3 de decembro noso alcalde di que se vai ao INEM e dimite como alcalde de Maside e como concelleiro.

O día 8 de decembro noso "alcalde emérito" promociona no Diario La Región esta nova http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/obispado-acepta-mejorar-ig...

Ao marxe de que esa cifra "non concretada" de 15.000 euros que nos sona moito (era o que decía que costaba poñer as bandeiras en todolos edificios públicos) ¿Este "señor" todavía non se percatou de que xa non é alcalde? ¿Nin tan siquera concelleiro? ¿Non se percatou de que él mesmo renunciou?

¿Son éstas as competencias do director do INEM? Chámase SEPE

¿Son éstas as competencias dun director de instituto?

¿Comeulle a lengua o gato ao novo alcalde?

Que o concelleiro de cultura do Carballiño o leve no macuto na próxima viaxe porque eu non entendo nada. Aínda que é posible que a culturalidade do concelleiro sexa quen de disuadirme de que éstas si son as competencias dun director de inem ou instituto, en cuxo caso pode levarme a min no macuto pra disfrutares xuntos da cultura canaria. Ampliar horizontes culturais non lle vai mal a ninguén.