O Arenteiro volve sorrir polo nadal

23, Decembro 2018

Volvía á casa de Espiñedo o Arenteiro polo nadal, e tamén volvía gañar un partido deses nos que decimos que se xogan máis alá de 3 puntos, aínda que o Porriño Industrial non o puxo nada fácil e tan so xa preto do final do partido a afección verde pudo respirar tranquila cando o 2-0 subíu ao marcador.

O Arenteiro levou a batuta do partido dende o inicio, aínda que o maltreito terreo de xogo non axudaba ao fútbol combinativo que querían propoñer os verdes, e que conseguiron levalo á práctica por momentos, e así precisamente naceu o primeiro gol tras unha xogada con internada final de Róber pola dereita e o seu centro tan so tivo que empurralo Pol para mediada a primeira batir ao bo meta do Porriño, Fernando.

Na reaunudación, o Arenteiro seguía coa mesma proposta, pero o Porriño non baixaba os brazos e intentaba o empate, aínda que as mellores ocasións seguían a ser do Arenteiro, como unha asistencia de Fajardo que rematou Hugo Sanmartín pero Fernando desviou a córner nunha gran intervención.

E por eso tocou sufrir porqu o Arenteiro non conseguíu cerrar o partido ata o minuto 87, co segundo gol da tarde, anotado por Hugo Sanmartín.

Con este resultado o Arenteiro suma 3 valiosos puntos antes do parón navideño, e o inicio das vacacións que se prolongarán ata o dia 2 de Xaneiro.

A liga non se reaunudará ata o domingo 13 de Xaneiro co partido que xogarán os verdes en Calabagueiros ante o CD Barco, aínda que o domingo anterior, o dia 6 de Xaneiro o Arenteiro xogará un partido amigable ás 18:30 horas co equipo da SD Sarriana, da Preferente Norte, no campo de fútbol da localidade lucense.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...