A restauración e o transporte, á cabeza dos grupos ocupacionais con mellores perpectivas laborais na Comarca
Asi o pon de manifesto o informe sobre "Saídas Profesionais Comarcais" que ven de publiciar a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, un estudo "comarcalizado" que nos mostra os grupos ocupacionais con mellores perspectivas laborais na comarca do Carballiño.
Trátase dun informe que se se recolle a ocupablidade laboral en función dos principais nichos de inserción laboral en cada comarca, agrupados en tres niveis, que son os de ocupabilidade laboral moi alta, ocupabilidade alta e ocupablidade media.
>>OCUPABILIDADE LABORAL MOI ALTA:
• Camareiros asalariados
• Condutores asalariados de camións
• Axudantes de cociña
• Cociñeiros asalariados
• Auxiliares de enfermaría hospitalaria
• Monitores de actividades recreativas e de entretemento
• Empregados administrativos con tarefas de atención ao público non clasificados baixo outras epígrafes
• Coidadores de nenos en gardarías en centros educativos
>>OCUPABILIDADE LABORAL ALTA:
*Empregados domésticos
• Peóns de obras públicas
• Traballadores dos coidados persoais a domicilio
• Traballadores cualificados en actividades forestais e do medio natural
>>OCUPABILIDADE LABORAL MEDIA:
• Vendedores en tendas e almacéns
• Operadores de serradoiros, de máquinas de fabricación de taboleiros e de instalacións afíns para o tratamento da madeira e a cortiza.
• Peóns forestais e da caza
• Soldadores e oxicortadores
• Condutores de autobuses
• Chapistas e caldeireiros
• Panadeiros, pasteleiros e confeiteiros