O gaiteiro e compositor Isidro Vidal completa o reto de compoñer unha peza musical ao día durante o ano 2018. As partituras superaron as 40000 descargas e foron gravadas por gaiteiros internacionais
O gaiteiro e compositor oriundo de O Carballiño, comezou o 1 de xaneiro de 2018 o reto de compoñer e publicar de forma gratuíta en redes sociais unha peza musical ao día, con data de finalización en 31 de decembro de dito ano, o que bautizou como #composicion365 e que superaron as 40000 descargas.
Este proxecto foi presentando numerosos obxetivos, entre os que destacaban os didácticos, xa que aproveitaba para escribir pezas didácticas para os seu alumnos das diferentes escolas de O Carballiño, Boborás, Cea, Ourense, O Porriño e A Cañiza onde imparte aulas de música tradicional, ou os facía partícipes das gravacións das mesmas.
Durante varios meses, ofreceu a posibilidade de adicar as pezas a aqueles que lle propuxeran catro notas de comezo para a respectiva canción, facendo así un subreto #4noteschallenge #reto4notas, que consistía en elaborar unha peza a partir das 4 notas que lle propoñían, que acadou bastante éxito por parte do público.
Asemade, algunhas destas pezas foron gravadas por músicos de renome como David Bellas (Galiza), Santiago Molina – Santigaitero (Bos Aires), Brighde Chaimbeul (Escocia), Rodrigo Joglar e Javier Menéndez (Asturies), Yuki Kojima (Xapón), Tiago Morais (Portugal), Rémi Decker (Bélxica), Luis A. Pedraza (Zamora), René Stauffenegger (Suiza), Efraím Díaz (Lugo.
O mundo da composición chamoulle a atención xa de ben novo, e é que dentro do seu catálogo privado atopamos a primeira peza escrita con nove anos, e durante estes últimos anos ten publicado pezas da súa autoría coas editoriais Edicións do Cumio, Dos Acordes, a produtora audiovisual Noveolas, así como varios traballos autoeditados por el mesmo (Muiñeira do Pulpo, 2018) ou por diferentes bandas de indie das que foi partícipe nestes últimos anos.
Parte deste traballo, poderase ver reflexado no seu primeiro disco en solitario, que acaba de empezar a gravar, e que verá a luz durante os próximos meses, onde a música tradicional e folk, serán levados polo camiño das músicas urbanas actuais.