A Comarca do Carballiño perde no último ano 56 cotizantes á Seguridade Social: suben O Carballiño e Punxín, manténse Cea, pero baixan PIñor, Maside, San Amaro, Boborás, Beariz e O Irixo
A evolución interanual da afiliación á Seguridade Social no conxunto da comarca do Carballiño é, outro ano máis, negativa.
Se comparamos o dato de cotizantes ao peche de 2018 co de 2017, vemos que a comarca ten 56 afiliados menos na Seguridade Social, deixando a cifra actualizada en 6.391 cotizantes no conxunto dos 9 concellos, desa cifra, a capitalidade comarcal, o concello do Carballiño, representa o 66,5%, con 4.255 afiliados.
No balance interanual suben cotizantes O Carballiño e Punxín, a capitalidade gaña 61 e Punxín 4, respectivamente.
Mánten idéntico número de afiliacións -487- o concello de San Cristovo de Cea.
E baixan os seis concellos restantes. O que máis perde é Piñor, con 52 cotizantes menos, seguido de Maside, que baixa no último ano en 27 afiliacións á Seguridade social no municipio. Séguenlle nesta relación, San Amaro que perde 20 cotizantes, Boborás 11, Beariz 9 e O Irixo, 2.