O Alcalde agarda que Medio Ambiente colabore no proxecto de humanización de varias rúas do Carballiño
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, quen lle trasladou varios asuntos e actuacións de interese para o seu concello en materia urbanística e medioambiental.
Concretamente, o rexedor explicoulle á conselleira que o seu equipo está traballando para levar adiante un proxecto de humanización de rúas co obxectivo de dinamizar a zona de actuación e facilitar a súa integración urbana, para o que solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente.