Pozos nas fincas de Maside
Os populares de maside están todos disgustados porque solicitan un bando para tapar e sinalizar os pozos abertos nas fincas. Non digo que non sexa necesario, pero non deixa de ser curioso que todas as normas ou leis a cumprir sempre recaen nos mesmos, os cidadáns de a pé. Hai que ter limpas as fincas de maleza antes do 31 de Maio pero as administracións publicas poden ter as cunetas sen limpar no mes de Xullo, pasou este ano ca N-541 en todo o concello de maside, pasou con Adif en todos os taludes tanto da liña AVE como na liña convencional, os primeiros tarde pero limparon, os segundos nin apareceron hoxe, o concello e a deputación tampouco poden presumir de cumprir prazos, pero os cidadáns temos que cumprir. A marxe desde pequeno comentario, non deixa de ser lamentable e oportunista que despois da terrible desgraza de Totalán o poder de anticipación e de propostas novas para mellorar a vida nun concello se resuma no que pasa noutros lugares para ver se pode pasar no noso. Efectivamente claro que pode pasar, pero o momento denota falta de ideas e oportunismo.
Non estiven no pleno, nin tempo nin ganas que teño, pero se a nova é como a conta o xornal os populares non perderon moito tempo en cavilala,
Queren que se tapen e sinalicen os pozos nas fincas dos particulares, todo correcto, e non teñen nada que dicir das bocas abertas dende fai anos dos pozos de rexistro do alcantarillado e abastacemento público.
Que veñan dar unha volta por Corzos (tanto os populares coma os que gobernan no concello), somentes na parte que pertence o concello de Maside hai, tirando por baixo máis de 30 bocas de pozos sen tapar, e algún que outro susto leve xa houbo de xente que anda paseando cos cans e meteu un pé e caeu o chan.
Menudos políticos temos, unha vergonza tanto uns coma outros.