Ricardo Perea preséntase como candidato á alcaldía co aval de Feijóo, Baltar e o Partido Popular. Os líderes do PP tamén visitaron San Amaro e Piñor
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente provincial desta mesma formación política, Manuel Baltar, arrouparon ao candidato á alcaldía do Carballiño Ricardo Perea.
Ademáis, neste xantar-presentación tamén participaron outros candidatos populares da comarca do Carballiño.
A xornada do sábado foi de gran actividade para o Partido Popular, xa que trala presentación dos candidatos de toda Galicia en Santiago, os populares reuníronse no Carballiño nun acto que congregou a máis de 400 persoas e no que os presidentes autonómico e provincial arrouparon ao candidato á alcaldía neste concello, Ricardo Perea, "un dos exemplos de renovación" remarcaron os máximos dirixentes autonómico e provincial do Partido Popular.
Tras a comida presentación celebrada nun restaurante carballiñés, os líderes populares achegarónse ata a capitalidade municipal do concello de San Amaro, onde stiveron con Fernando Redondo, alcalde de San Amaro desde o pasado novembro e tamén candidato para as eleccións do 26 de Maio.
Finalmente, a caravana popular dirixiuse ata Piñor, para concluir o percorrido polos concellos da comarca carballiñesa, avalando a candidatura de José Luis González.