AGACA organiza unhas xornadas gratuítas sobre "gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais".

8, Febreiro 2019

O taller gratuíto " Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais ( CCMMVV)" está orientado a persoas involucradas ou interesadas na xestión destas superficies.

Pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes baixo o réxime de xestión cooperativizada, favorecendo o emprendemento de actividades económicas e a xeración de emprego, especialmente entre os mozos.

O taller gratuíto desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que se enmarca no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego @de la Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamiento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Beariz, r/San Pedro, 2.

Datas e horarios: -Do luns, 25 de febreiro, ao venres, 1 de marzo. - De 17:00 a 20:00 h.