Os Socialistas reclaman a fibra óptica "para sacar a Leiro do século pasado"
O PSdeG-PSOE de Leiro impulsará no vindeiro pleno local, unha iniciativa co fin de activar a instalación dunha rede de fibra óptica neste municipio. Na moción, os socialistas reclaman ó grupo de gobernó local do PP que “se interese e execute a instalación da fibra óptica utilizando todos os medios ó seu alcance”, para que Leiro “deixe de ser de outro século no sector das telecomunicacións”, insistindo “unha vez máis en que este feito impide o crecemento e fomenta o atraso e o illamento”.
Tamén demandan que se estude a posibilidade de manter conversas con empresas subministradoras para estender esta rede, e que se dean algún tipo de facilidades ou incentivos para que a acometida destas obras sexa “interesante” para estas empresas. Igualmente piden solicitar algún tipo de axuda ou subvención á Xunta de Galicia, ó Goberno Central ou á Deputación de Ourense para así facilitar a implantación da fibra.
O portavoz do grupo municipal, Manuel Rodríguez, salienta que “as telecomunicacións son imprescindibles para o desenvolvemento e crecemento de calquera comunidade no século XXI, polas múltiples aplicacións que teñen para a vida diaria”. “É incomprensible que un municipio como o noso, tan próximo a núcleos de poboación importantes que sí teñen redes de fibra óptica en funcionamento, estea ancorado no século pasado por culpa do desleixo do actual goberno local do PP”, denuncia antes de recordar que “non fixeron absolutamente nada para sacar ó noso municipio deste atraso que prexudica importantemente á veciñanza e empresas de Leiro”. “É imprescindible actuar xa para mudar este situación”, destaca.
Rodríguez recorda que “o abandono do rural ten moitas facianas e unha delas é a fenda dixital que se comporta coma un círculo vicioso, no que as administracións non garanten un acceso ás novas tecnoloxías de xeito igualitario e, por iso, a xente moza e os emprendedores non van asentarse nos municipios que non son cidades ou grandes vilas”.
Os socialistas recordan que “hai moitos profesionais que traballan vía Internet, e mozos e mozas que utilizan a rede para os seus estudos”, polo que, sinalan, “ó acceso á información a unha velocidade rápida é imprescindible, sen esquecer que as redes sociais forman parte da vida de moitas persoas para comunicarse”. “A fibra óptica é a tecnoloxía idónea para mellorar a calidade destes servizos”, insisten antes de recordar que estas redes tamén son importantes para diversificar a oferta ofrecida polo sector audiovisual, xa que permiten ofrecer gran variedade de servizos en liña, a prezos máis asequibles que os contidos accesibles vía satélite.
O PSdeG-PSOE de Leiro conclúe recordando que “unha vez máis somos os socialistas os que traballamos polos intereses reais da veciñanza”. “De feito fomos abordados por numerosos veciños e veciñas que, ante a parálise do goberno popular e do alcalde con este asunto tan demandado, reclamaban ós socialistas información sobre a instalación desta necesaria fibra óptica, xa que na actualidade están a sufrir numerosas deficiencias derivadas da actual pésima rede de telecomunicacións ordinaria