Constituída a Xestora Local do PSdeG-PSOE, que preside Doris Fernández
A Dirección Provincial do Partido nomeou a Comisón Xestora encargada de dirixir a Agrupación Socialista do Carballiño, unha vez que a demisión do exsecretario local Adolfo Nogueira provocou a disolución da Executiva Local do PSdeG-PSOE.
O secretario provincial dos socialistas, Rafael Rodríguez Villarino, confirmou nesta emisora de radio a composición da Xestora "integrada por militantes históricos do partido no Carballiño", subliñou. En ningún caso contaban ata o de aquí con resposabilidade orgánica no partido, nin tampouco ocupan cargos institucionais.
Como presidenta da xestora foi nomeada Doris Fernández, e completan a mesma en calidade de vocais, Carlos Fernández, Teresa González, Manuel González e Manuel Pérez. A xestora dirixirá o partido de forma transitoria ata a convocatoria electoral na Agrupación Socialista do Carballiño, que culmirá coa elección dun novo secretario local.