Unha escultura de Laura Rodríguez para homenaxear ás pulpeiras e á feira do Carballiño
A escultura é obra da artísta canteira Laura Rodríguez, e xa foi instalada na ubicación elexida, na Praza Maior do Carballiño
A escultura representa a figura dunha pulpeira con todos os elementos característicos do seu oficio: caldeira, táboa, pratos, aceiteira, pimenteira, tesoiras, pincho e, por suposto, un pulpo cocido.
Trátase dunha escultura realista de gran tamaño, colocada no xardín central da Praza Maior coa finalidade de que poida ter certa protección, xa que, se ben nun pricipio valorouse situala na parte alta da praza, fronte á rúa do Paseo, houbo que desbotar esta idea polo perigo que entrañaban algúns dos elementos da peza para os rapaces, así que, para maior seguridade, optouse por ubicala neste xardinciño.
Non cabe dúbida que as pulpeiras son as verdadeiras protagonistas dun dos oficios máis ancestrais e representativos da feira e do Carballiño, polo que este proxecto, que foi promovido polo alcalde, Francisco Fumega, ten un gran significado histórico e na actualidade, sendo como é O Carballiño un referente da tradición pulpeira en Galicia, en España e no mundo.