Fumega afirma en COPE que "o tempo vaime dando a razón". Mentres, Pachi Vázquez presenta "Espazo Común" , a súa nova formación política
O exalcade e exlider do PSdeG presentou nun hotel de Ourense o seu novo proxecto político "Espazo Común", coa idea de presentar un mínimo de 20 candidaturas na provincia nas vindeiras elección municipais do 26-M.
Pachi Vázquez asegurou que a nova formación política conta cunha base de 400 persoas que xa están involucrados no proxecto, entres eles os excooncelleiros socialistas do Carballiño, Piñor, San Cristovo de Cea e San Amaro, no ámbito comarcal.
Tamén avanzou que non se presentará como candidato en Ourense pero non desbotou a posibilidade de facélo no Carballiño.
Mentres, o alcalde do Carbaliño Francisco Fumega aproveitaba unha intervención en COPE O Carballiño para referirse a posta en escea do "Espazo Común" manifestando que "o tempo a cada un vaille dando as razóns"
Fumega recordou que cando perdeu a confianza en Adolfo Nogueira e retiroulle as competencias delegadas como concelleiro de persoal, seguridade e promoción económica "foi porque tiña datos evidentes e xa o dixen no seu momento, de toda unha série de accións e de feitos que estaban nesta liña".
O rexedor municipal deu "por zanxado este tema" e manifestou sentirse moi a gusto no PSOE "coa xente que é de partido, que creen no partido e continúan no partido".
Eso si, admitíu que no caso de presentarse Pachi Vázque como rival para desputarlle a alcaldía será "unha situación que non me agrada, porque botamos anos traballando xuntos e ás veces pesa máis o persoal que o político, pero está claro que no político non podo desexarlle sorte".