A renovación dos partidos
Comenzou a precampaña. En realidade xa comenzou fai una meses cando o pp propuxo o seu novo e carismático líder. Tocaba renovar. Esta semana de antroido houbo tamén 'renovación' do psoe e da súa escisión: repite como candidato Francisco Fumega e volve ao esceario Pachi Vazquez. Máis do mesmo. Renovación de afiliados e de marcas.
Si repiten o señor García pola marea e o señor Ferreiro polo bloque, e todo apunta a que así será pola falta de movemento nas súas correspondentes organizacións, teremos unha total e completa 'renovación' do centro esquerda do Carballiño.
Despois algún extráñase que goberne a dereita.
Feliz antroido esmorguistas.