Enfermeiras de Atención Primaria promoven a educación sanitaria e a saúde na comunidade xitana local
Enfermeiras do Servizo de Atención Primaria de O Carballiño organizan unha novidosa intervención comunitaria para promover o coñecemento mutuo entre a enfermaría e o colectivo xitano, mellorar súa educación sanitaria e saúde proporcionando as ferramentas precisas para levar unha vida mais saudable, por medio de obradoiros que se celebrarán no poboado de A Fontenla en Maside.
A iniciativa, que se iniciou este lúns 11 de Marzo co primeiro dos obradoiros previstos, parte da necesidade detectada polos profesionais sanitarios, destes centros de saúde de mellorar seu contacto co colectivo de A Fontenla e A Pena, asi como coas familias residentes en diferentes pisos dos concellos de Maside e Carballiño, establecendo unha comunicación mais periódica e directa, que permita realizar unha labor sanitaria continuada, fomentando seu autocoidado e seguimento.
Para poder artellar os talleres, as enfermeiras que promoven os cursos contactaron coa Fundación Secretariado Xitano, establecendo vías de comunicación, nas que contaron co apoio dos concellos de Carballiño, Maside e Dacón, traballadoras sociais, mediador intercultural, a técnica de intervención social do secretariado xitano de Vigo, psicóloga da mancomunidade do Carballiño, o Pastor da Igrexa e toda unha rede de persoas voluntarias, fondamente implicadas coa necesidade de establecer un traballo conxunto, para mellorar a saúde deste colectivo que, pese a súa xuventude, presenta unha maior incidencia dalgunhas patoloxías e unha menor esperanza de vida que o resto da poboación.
Pese ao que puidera parecer, tendo en conta prexuízos ou ideas preconcibidas moi extendidas, a receptividade do colectivo ante os cursos foi mais que positiva, superándose rapidamente o aforo previsto, para os primeiros catro talleres, polo que se fixo unha preselección das persoas asistentes, para tentar incluír ao máximo número de familias posibles.
As temáticas de cada curso establecéronse de acordo coas necesidades de saúde detectadas, en base a bibliografía e estudos clínicos publicados, así coma á propia experiencia dos centros de saúde de referencia. Por elo, priorizáronse catro áreas de traballo iniciais: Alimentación; Atención a Saúde; Hixiene e conservación dos alimentos; e Adicións.
O sistema de traballo será moi práctico, por medio de obradoiros que contarán con material moi visual que axuden a comprensión e posta en común, desmontando mitos e falsas crenzas sobre, por exemplo, a nutrición; sobre os riscos para a saúde dunha alimentación pouco equilibrada ou o sedentarismo, ou sobre hábitos que, pese a estar moi extendidos, non son saudables, como o tabaquismo ou o consumo de alcool.