Luis Villares desplazaráse a O Carballiño para reorganizar "En Marea" tras a ruptura con Alternativa Veciñal
O portavoz nacional de En Marea, Luis Villares, desplazaráse a O Carballiño nos próximos dias, falta concretar a data, coa idea de recuperar a presenza desta formación política no Carballiño.
Tras os últimos acontecementos que afectan a En Marea, desvinculada de Unidos Podemos, e con Alternativa Veciñal do Carballiño distanciada dos postulados defendidos pola actúal dirección de En Marea, agora, os partidarios da liña oficial liderada por Luis Villares pretenden reorganizar esta formación política no concello do Carballiño.
Para elo, nos próximos dias, Luis Villares estará no Carballiño para asistir a un acto ao que se vai convocar a simpatizantes e veciñanza en xeral, e coa vista posta nas eleccións Xerais do 28 de Abril, e sen descartar a posible promoción dunha candidatura nas eleccións municipais do 26-M no concello carballiñés.