O Auditorio acolle este sábado a 2ª Gala Benéfica a favor de AODEM, na que participarán sete agrupación de danza e música
Por segundo ano consecutivo, a Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Ela, Parkinson e outras enfermedades neurodexenerativas (AODEM) promove unha gala benéfica para colaborar no financiamento das actividades que programa.
Esta II Gala Benéfica Ourense Múltiple foi presentada nun acto ao que asistiron a concelleira de Benestar Social, Marina Ortega; a presidenta de AODEM, Susana Fernández, e a directora da Escola Municipal de Danza, Antía Pérez.
O evento, que será presentado por Cristina Maró, desenvolverase no auditorio Manuel María, a partir das 20,00 h., deste sábado, 30 de marzo, e contará coas seguintes actuacións: Conservatorio de Música do Carballiño, Escola de Danza Municipal do Carballiño, Grupo Orcellón O Carballiño, BachOU (Bachata Ourense), Moovett e Escuela de Baile Cuatro Pasos.
Marina Ortega destacou o carácter solidario desta gala, ademáis da calidade do programa de actuacións. Susana Fernández recordou que a recaudación ía destinada a dar continuidade ás actividades da asociación, e que as entradas poden adquirirse ao prezo de 5 euros en taquilla ou nas entidades colaboradoras, e que tamén haberá unha Fila 0, podendo realizarse o ingreso na conta bancaria ES91 0182 6853 9602 0155 8049, concepto: “Gala”.
Finalmente, Antía Pérez, que coordina o programa de actuacións, dixo que sería unha gala moi dinámica cunha duración de 1h 15mn, na que ían participar seis escolas e grupos de danza de Ourense e do Carballiño, así como o Conservatorio de Música do Carballiño.