O Arenteiro, que se adiantou por dúas veces, forza un empate na Coruña con dous goles de Hugo Sanmartín
Os verdes conseguiron no campo da Grela da Coruña un meritorio empate ante un dos mellores equipos da segunda volta, como é o SIlva SD, nun partido moi intenso do Arenteiro e no que os catro goles lográronse nun frenético último cuarto da primeira parte.
Golpeou primeiro o Arenteiro, cun moi atento Hugo Sanmartín que aproveitou unha perda de balón do Silva para írse directo á area, e tras escorarse lograr un gran gol. Tras empatar os herculinos, outra vez volverían adiantarse os verdes, desta vez un incomensuble Maxi que protoagonizou unha das xogadas do partido, poñendo un balón de ouro que non desaproveitou novamente Hugo Sanmartín.
No último minuto da primeira parte logrou o Silva o 2-2 que xa sería definitivo, xa que o marcador xa non se movería en toda a segunda parte, no que xusto é destacar dúas grandes intervencións do gardameta do Arenteiro Rui Santos.
Ao final, reparto de puntos neste partido con horario matinal, o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto máis para sumar ao obxetivo da permanencia na terceira división.
O domingo, as 17:30 horas no Estadio Municipal de Espiñedo, partido clave ante o tamén equipo coruñés do Paiosaco.